Tuesday 14 de May de 2024

Entrega de premios aos gañadores dos concursos de decoración hostaleira e escaparatismo de Nadal de Riveira


O consistorio municipal serviu de escenario onte pola noite para a entrega duns obsequios institucionais aos gañadores dos dous concursos postos en marcha polo Concello e a Asociación de Empresarios de Riveira.

Trátase do concurso de escaparatismo, no que resultou gañador El Rincón del Chocolate, e do Bodegón Castelao, vencedor no Concurso de Decoración Hostaleira.

O alcalde Manuel Ruiz, a concelleira Herminia Pouso e o presidente do colectivo empresarial, Antonio Miranda, oficiaron un acto no que se repartiron tamén diplomas conmemorativos aos establecementos implicados nos certames.